fondo

mércores, 25 de abril de 2018

VISITA DE COGAMI

Hoxe tivemos unha visita moi especial co proxeto que estamos a levar a cabo en todo o Centro "Todos iguais, todos distintos", viñéronnos a ver de COGAMI
 Contáronnos un conto sobre Xoel, Sabela e ...(non recordo cómo se chamaba) Xoel era o elefante cego que empregaba un bastón, Sabela tiña unha cadeira de rodas porque non podía andar e o outro xogaba moi ben ó futbol.




Fixemos algún xogo de relacionar cada cousa cos protagonistas: Xoel precisa un bastón e Sabela unha cadeira de rodas


E ensináronos dúas sinais que temos que respetar (aínda que ninguén as coñecía) A sinal de discapacitados e o semáforo sonoro que permite ós cegos cruzar nun semáforo.


E despois estivemos practicando por un chan liso e outro abotoado que lles indica que ven un paso de cebra, e é onde se teñen que situar ata escoitar "Peón, pode cruzar"




O rematar a sesión preguntaron se tiveran un compañeiro novo en cadeira de rodas iban a xogar con el, e responderon que non ...porque lle tiñan medo

Ningún comentario:

Publicar un comentario