fondo

luns, 9 de abril de 2018

ENTRE LETRAS E ROBÓTICA



Vamos avanzando na composición do noso nome empregando as nosas caixiñas de letras. Despois de observar as nosas letras, cántas temos, e cal é a primeira e a derradeira buscámolas nunha ficha 

Despois (e cun pequeno descansiño bailando un par de cancións) xogamos na pantalla cos nomes dos compañeir@s. Xa non se trata de que cada ún sinale o seu nome senón que sinalen o nome dos compañeir@s...¡xa recoñecen un montón!





E despois tocou un ratiño de xogo  co robot e as cantidades. O outro día estivemos xogando como se nos fóramos os robots e dámonos instruccións.

Hoxe tiñan que tirar o dado, sinalar a mesma cantidade na alfombrilla do robot e programar o robot para que chegase ata a cantidade.


 Traballamos o conteo para saber cantos pasos cara adiante ten que dar


















Algunhas veces programamos mal e pásase do destino e outras liámonos un poquiño comparando cantidades

Ningún comentario:

Publicar un comentario