fondo

martes, 24 de abril de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: EFRÉN 2

Hoxe comezamos o día co nome do protagonista e parámonos un pouquiño máis nas súas letras e sons
 Atopamos varios animais que comezaban polos sons das súas letras pero cando chegamos a derradeira... ¡nutria! Fomos en busca dunha a clase do lado pero non tiña así que decidimos facer unha nube de papel que comeza por esa letra 😉
 Elefante, Foca, Rinoceronte, Elefante e Nube
 Despois estivemos un bon rato falando do seu maletín de ferramentas...coñecía o nome de todas e da que non recordaba explicounos moi ben para que servía.
 Falamos de cantas unidades tiña de cada ferramenta: 1 taladro, 3 alicates, 4 martelos...e tamén do son polo que comezaban



 A última hora ofreceuse para lernos outros dos seus contos... e que ven os conta
 Un trataba sobre os animais, o seu son e a súa pel suave que podíamos acariciar e o outro sobre monstruos de cores que non daban ningún mediño jajajajaj

Ningún comentario:

Publicar un comentario