fondo

mércores, 25 de abril de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: EFRÉN 3

Hoxe comenzamos o día cun problemilla...desapareceran as fotos dos percheiros...¡E agora...! algún xa non sabía onde colgar o seu abrigo porque o seu sitio de sempre tiña o seu mandilón pero non o seu nome...alí andiveron un ratiño ás voltas pero sempre hai algún compañeir@ para votar unha man ...buf Alguén anda a facer sempre algunha trasnada nos nosos percheiros, a última vez cambiáronolos de sitio....¡cómo os pillemos, xa poden correr!
 Despois deste sustiño comezamos co nome do protagonista, as súas cinco letras e recorrido para arriba e para abaixo na recta numérica




 aiii, ese bauliño cantas cousiñas ten todavía...e hoxe sacamos máis xoguetes. O tractor gañou por goleada pero o xilófono tamén levou o seu

 E xa sabedes que eu aproveito calquer momento para facer aparecer letras...analizando os sons inicias...e como me contestan cara adiante que vou.

 Tocoulle  o turno a outro álbum de fotos máis recente e ¡qué ven se explica!


Ningún comentario:

Publicar un comentario