fondo

martes, 10 de abril de 2018

VEO VEO, A COR VERDE E OUTROS XOGOS

Comenzamos o día con cancións e xogos de mans e dedos para comezar con alegría e centrando a atención ademáis de traballar a psicomotricidade de mans e dedos e o vocabulario e memoria. Despois, estivemos xogando con tarxetas de diverso vocabulario: primeiro facemos un repaso nomeando as imaxes que aparecían. Aquí aproveitamos para traballar tanto en castelán como en galego xa que se escoitan as dúas versións... e isto resulta moi enriquecedor. Nun segundo momento, tocou xogar ó veo veo. Empezamos co xogo tradicional  ¿veo veo?...¿qué ves?...¿unha cousiña?...¿de qué cor é? pouco a pouco fun engadindo outras características dos obxectos: veo veo un obxecto que serve para cando chove... para facer lume...


 Despois tocou un ratiño de xogo na pantalla interactiva. Seguimos co xogo de "lectura" dos nomes dos compañeiros, comprobamos baixando a "cortina" e compoñemos o noso nome co modelo de referencia.


Despois contamos as letras que temos, damos nomes de animais que comezan por esas letras (León, Elefante e Ovella) e escribimos o número debaixo (máis ou menos xa que a pantalla non está o 100% e as tarefas de rotulador son máis complicadas)

Despois do recreo tocou un pouquiño de Arte. Seguimos co noso libro de cores e hoxe tocou a cor verde. A primeira parte toca experimentar con diversos papeis e técnicas: recortado, taladrado...(aproveitei hoxe que había pouquiños para deixarlles as tesoiras a todos á vez)






 Logo tocou recoller todos os papeliños e limpar as mesas de pegamento... que tamén é unha parte importante do traballo artístico, sobre todo porque desfrutan moito enchendo a mesa de pequenos papeliños jajajaaja
Xa para rematar a xornada fixemos un pequeno xogo de sonidos iguais. Temos dúas filas de botes cheos de garbanzos, arroz, pan raiado e nada que hai que xuntar escoitando moi ben o sonido que fan. Pasará a formar parte das gavetas



Ningún comentario:

Publicar un comentario