fondo

xoves, 12 de abril de 2018

A RECTA NUMÉRICA E OUTROS XOGOS

 Xogamos ca recta numérica: primeiro hai que compoñela no orden correcto e despois fixemos serpes de bolas de cores colocándoa no lugar correcto. Para o seguinte xogo convertémonos en robost e un tiña que lanzar o dado e indicarlle o robot cantos pasos tiña que dar (asociando a cantidade do dado ca grafía correspondente)




 Despois un par de xogos rápidos na pantalla interactiva asociando número de dedos ca grafía e cantidade de albóndigas coa grafía (neste segundo o mono George axúdanos a contar) Na marxen dereita do blogue tedes os enlaces a estes dous xogos (AQUÍ e AQUÍ)

 A hora das gavetas repasamos con algúns como se traballaba cos números en lixa: mollar dous dedos, facer tres veces o número, secar e intentar facelo na bandexa de area.



Outros prefiren ensartar bolas, facer rectas coas cantidades do 1 ó 3, compoñer a recta numérica (dedos, grafía e diversos obxetos) ou en parellas a ver quen é o primeiro en encher a oveira


 



O seguinte día igual apetécenos montar a recta numérica para saltar sobre ela, xogamos ca Tablet, construccións, vestimos a Bigotes ou decidimos en grupo facer unha lista de comidas ( non logrei entarme se era para o comedor, se estaban a montar un restaurante ou queren facer a cea esta noite)









Ningún comentario:

Publicar un comentario