fondo

domingo, 29 de abril de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: EFRÉN 5

Acabouse a semana e rematamos a tarefas do protagonista. Pola mañá fixemos a foto dos amigos do cole, e quixo a tod@s na foto e despois ensinounos as páxinas do seu libro de protagonista


 A súa familia que xa coñecimos nas fotos dos álbumes, a súa comida favorita que son os espaguetis con tomate e o chourizo, a súa mascota que é un can chamado León e todos os seus pasatempos: carretar terra, os seus vehículos (bici, tractor, coche), leer...


 Pintamos a súa cor favorita, o azul, que lle facía cóxegas na man. Neste caso Mauro foi o escollido

Volvemos a darlle outro repaso ó libro, sobre todo á foto no que saen todos que lles fai moita gracia
Así quedou o seu libro de protagonista:

 Estivemos escoitando a súa música favorita que traía nun pen, pero a algúnhas decíame que non ajajajjaajja Ó final acordamos que soamente eran "Despacito" e a "Bicicleta"...creo 😀









Resulta moi emocionante todas as cousas que nos contan, ímonos coñecendo un pouquiño máis e saen a relucir facetas que antes non víramos. ¡Encántalles!
Non tivemos tempo de xogar cos seus puzzles porque esta semana tivemos moitas visitas 

Ningún comentario:

Publicar un comentario