fondo

xoves, 26 de abril de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: EFRÉN 4

E chegou o día da gran visita...e alí que apareceron o avó e as dúas avoas de Efrén. Liouse un pouquiño o presentarnolos xa que o avó e o avó de Sarria ou padriño e punto ¡qué tanto nome! jajajajajaj E para lialo un pouquiño máis pregunteille de que eran papás, pois da tía ... (non recordo o nome ajajajjajaja)

Pero cargadiños que viñeron: primeiro xa nos deron unhas tazas para poder desayunar (xa podemos desbancar os biberóns que queden por ahi 😉 se chegaron viviñas a casa claro) Este foi o regaliño do papi que nos explicaron que traballa cun camión do leite 

 Tamén nos contaron que teñen vacas e teñen nomes. A Efrén gustalle axudar a limpar o tractor e co as vacas

Trouxéronnos unhas chulas feitas pola avoa Manoliña
E unhas chocolatiñas
Pero o mellor de todo foi cando arrancaron a cantar aquelas cancións de cando eran pequenos...toda unha ledicia e un gran tesouro

Este queixo queixolán
esta boca pide pan
estos ollos pillabáns
esta testa testolán
tira tira capitán

Creo que no era exactamente así, xa non recordo ben. 

 Para finalizar o día contounos outros dous contos: un de dinosaurios e outro do polo Pico, amiguiño do polo Pepe


 ¡MOITAS GRACIAS POLA VISITA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario