fondo

mércores, 4 de abril de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: MARTINA 2

Hoxe estivemos traballando co nome da protagonista. Ten 7 letras sendo un dos nomes máis longos da clase a diferenza de Leo e Teo que son os máis cortiños (e máis doados de escribir jajajaj)
 con un pouquiño de axuda fíxoo moi ben

Ademáis estívonos ensinando as páxinas do seu libro: a súa familia, as súas mascotas, o seus pasatempos (cociña, contos e xogar con muñecos), a súa músca favorita que estivemos escoitando onte e xa sabemos cómo se chama ese cuarto can do que non me lembraba , Nacho (creo ajaajja)



Tomouse moi en serio o seu momento e como non lle fixeran caso reñía se o vía necesario ajjajajaa
Tamén nos estivo contando un dos seus contos que trataba sobre un coelliño que iba o mercado e lle caía froita encima.

 Na pantalla contamos cunha nova actividade dando un pasiño máis aló. Antes tiñan que recoñecer o nome que aparece agochado detrás dunha "cortina", despois engadimos o recoñecemento da letra inicial do nome e neste terceiro trimestre xa podemos ir engadindo a composición do nome, nun principio con referencia... iremos vendo se desaparece ou non 😉
 E non podía faltar a conta regresiva para o lanzamento do noso cohete...3 2 1 0 ¡despegue!

Ningún comentario:

Publicar un comentario