fondo

xoves, 5 de abril de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: MARTINA 3

Hoxe é o día máis especial para a protagonista porque é o día que temos a visita da mamá e o papá. Estiveron connosco contándonos a que se dedican (algún xa sabía algo aínda que as veces por vergoña non se atreven a dicilo)
Tamén nos contaron o conto favorito de Martina "Tupi va al mercado" e ensináronnos outro conto de animais moi chulo
Puxéronse algo nerviosos e costounos un pouco poder contar o conto sen estar escoitando "non vexo" porque algúns sempre se meten diante do conto e os demáis non ven...





Trouxéronnos dúas sorpresas: a primeira eran "caquiñas de coello" que lle encantan a Martina... aínda que algún levou unha sorpresa desagradable...e non lle gustou ajajjajajajaj (nada que non se arranxe cun pouquiño de auga)





E a outra eran uns colgantes moi chulos para as mochilas que nos fixo a mamá de Martina... ¡menudo traballo!



¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!

1 comentario:

  1. Gracias a vos! Unha experiencia preciosa! Saimos moi contentos, unha gran clase!😊😊😊

    ResponderEliminar