fondo

luns, 16 de abril de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: CLOE

Esta semana a nosa protagonista é Cloe e moi cargadiña chegou ó cole...
O primeiro de todo foi coroar a protagonista, que estaba desexando, nin canción de bos días nin nada ajajajjajajaja E alá que se puxo a sacar cousa do seu baúl... una minnie, dos minnie, tres minnies...






 Trouxo varias prendas de cando era bebé e puidemos comprobar todo o que medrou.


 Ensinounos moitas fotos e contounos quen era cada un: primos, tíos, avós e bisavós. Tamén nos ensinou unha ecografía en 3D (aínda me poñen cara raro cando lles explico que é unha foto de cando aínda estaban dentro da barriga) e aquí xurdiu a pregunta de por onde saen os bebés. Despois de que decidiran que era pola barriga explicamos un pouquiño que algún saen pola barriga pero a maioría saen pola vulva.

 Escribimos os datos na pizarra do recuncho: a súa nai chámase María e o seu papá chámase Óscar

Despois engadimos máis números a nosa recta numérica de pinzas

Así está o Recuncho de Cloe

Ningún comentario:

Publicar un comentario