fondo

xoves, 19 de abril de 2018

PROGRAMACIÓN E NOVOS XOGOS INDIVIDUAIS

 Na etapa de infantil xa comezamos a facer pequenos acercamentos a programación. Unhas veces xogamos co BeeBot que nos permite acercarnos ó funcionamento dun robot con catro órdenes básicas (hacia diante, hacia atrás, xira a un lado, xira ó outro lado) e outras a través da pantalla interactiva facemos pequenas actividades que nos van permitindo acercarnos a programación que se irán facendo máis complexas.
Sinalar a flecha segundo o paso que tiña que dar o monstruito para chegar o saco con ouro

Sinalar o conxunto de flechas correspondente o camiño que debía facer


montaxe de pezas de puzzle (dúas pezas)

montaxe de pezas de puzzle (tres pezas)

O Beebot permítenos traballar un montón de obxetivos propios da etapa á vez que aprendemos a manexalo. Neste caso e, empregando un dado de cores, traballamos ó vocabulario das cores, os obxetos desa cor da alfombra e a manexar a abella para que se dirixa o obxeto escollido. (Algúns fanno pasiño a pasiño e outros xa van programando varios pasos á vez)



 Ademáis, incluimos algunhas gavetas con novos xogos. O ratiño que adicamos a este xogo cada vez é máis autónomo: escollen o xogo, buscan un sitio libre e xogan adecuadamente e cando cansan ou rematan o mesmo van na busca e captura doutro.
 Xogos con auga e pipetas no que teñen que traballar a psicomotricidade fina enchendo as ventosas das pegadas.

 Outros interésanse polo uso de pinzas para ir colocando os pompóns nas ventosas. Ou facendo largas serpes con bolas de cores que van ensartando.

 Trasvase con fabas ou garbanzos



 Experimentan ca area, cucharas e embudos
 Xogos de conteo, asociando cantidades á grafía
 




 Creación de trazos empregando pedras de cores


















 Tamén contamos con puzzles novos de 12-16-20 e 25 pezas. Nun primeiro momento puxen a súa disposición os de 12 pero xa me reclamaron de máis pezas
 


Creamos torres numéricas





 Xogo de ensartar e construir con rollos de papel hixiénico e limpapipas










Ningún comentario:

Publicar un comentario