fondo

xoves, 19 de abril de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: CLOE 4

E chegou o gran día... ¡a visita de mamá e papá! Hoxe María e Óscar estiveron compartind connosco parte da mañá e trouxeron moitas sorpresas... O principio, como tardaban un pouco, Cloe amenizounos a espera tocando a súa guitarra axudada pola súa querida Minnie



E chegaron os papás cargadiños cunhas bolsas...¡qué traerían! algúns xa andaban metendo as cabezas para ver...


 Traian un xogo volador para ensinarnos e facer un obradoiro connosco para que cada ún tivera o seu xoguete (algúns quedaron pola clase)
Asi que mans á obra e alí que nos foron explicando como facer ese xogo que ó xirar parecía lume: 1º había que inflar un pouquiño o globo, poñerlle o embudo para enchelo de arroz, atar, escoller tres "pelos" de papel seda e despois ensartar unha goma no botón que será o amarre para facelo xirar.




 e a xogar....

 E despois contounos o conto de Ricitos de Ouro ¡cómo nos gusta!

 Pero aínda había máis sorpresas... María explicounos que ela traballa nun banco no que se gardan os cartiños para aforrar e deunos a cada ún unha hucha de porquiño cunha moeda especial, despois abriu a hucha e descubrimos que metera unha  moeda pero saían dúas....mmmmmm esta noite probo eu a ver se teño sorte e tamén me doblan os cartos ajajjajajajaj😊




¡MOITAS GRACIAS POLA VISITA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario