fondo

domingo, 29 de abril de 2018

ACTIVIDADES DA SEMANA: visita de Ana Meilán, Mago Rafa e máis

Este semana na que festexamos o Día do Libro tivemos unha visita moi especial e seguramente coñecida por todos vós: Ana Meilán. Contounos, con ese arte que ten, o seu libro Lágrimas bajo la cama pero antes sacou o seu pano de lágrimas e contounos as súas penas e alegrías, porque as alegrías moi grandes tamén traen lágrimas. Tamén xogou connosco cun dado o recoñecemento de emocións e ata inventamos unha historias con pedriñas debuxadas sacadas cun saco contacontos.





 O acabar regalounos un carnet de valentes
 Ademáis fixemos xogos para recordar o vocabulario das partes do corpo

Lanzamento do cohete contando de máis a menos
 Traballamos a atención buscando a figura repetida
 O xoves visitounos o Mago Rafa ensinando algún dos seus trucos como o dun pañuelo blanco que se convirte en vermello, ou unha corda que cortamos e despois aparece enteiriña.



 Fixemos un xogo de VEO VEO para traballar a atención e búsqueda entre varias imaxes


 Xogamos cos campos semánticos buscando e nomeando froitas, transportes...
 Traballamos a grafía do número 1 e 2 recorrendo un laberinto, aínda que algún montouse no coche de carreiras e empezou a derrapar...

 Xogamos cos vasos de torres ou facendo series: aberto-cerrado
 Puzzles de Minnie
 Algún gústalle máis escribir cas letras móbiles
 psicomotricidade fina con pinzas e pompóns ou con pipetas e auga

 Punzando nomes
 Ou investigar na cesta dos insectos e libros

Escribindo na pizarra ou ensartando gomas





Ningún comentario:

Publicar un comentario