fondo

luns, 23 de abril de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: EFRÉN

Esta semana o protagonista é .... Efrén, e chegou cargadiño pola mañá (bueno, máis ben o papi)
 Primeiro, e despois da coroación por parte da protagonista da semana pasada, foi saúdar os seus compañeiros
 O seguinte paso sempre é compoñer o seu nome
 E contamos as letras que ten, facendo algunha similitude con cousas coñecidas...neste caso son cinco letras como os dedos dunha man.
E chegou a hora de abrir o baúl...¡sempre hai moita expectación! Hoxe toca amosar aquelas cousiñas de cando eramos bebés... aínda que os xoguetes téntalles moito


 O primeiriño uns mini zapatiños...cando lle medrou o pé
 Tamén nos quixo ensinar a súa roupiña ¡xa non lle serve nin nas orellas! E sacou o cocodrilo que ten igual que o de Leo (aclarounos que o seu é máis grande ¡controlado grande-pequeno! ajjajajajaj)
 E despois tocaron as primeiras fotos da mamá embarazada e do bebé Efrén

 Preparamos o recuncho co nome de Efrén, a súa mamá Isabel e o seu papá Emilio, que comeza pola mesma letra.
 Despois estivemos vendo algunha foto máis de Efrén que nos explicou moi ben


Algúns andaban pendentes doutros detalles: uns compoñendo o nome no encerado e a ver quen sabía como se chamaba cada letra e outro revisando o Recuncho


Tocaba facer o xogo das pinzas asociando a cantidade de pinzas co número. Fixemos ata o cinco por ser éste o número de letras que ten o seu nome



 A última sesión Efrén leeu moi ben tres dos contos que trouxo na súa caixa
 O primeiro trataba sobre tractores, camións grúa e outros vehículos de traballo. Primeiro leeuno e despois ensinounos folla por folla.

 Tamén nos contou case o pé da letra o conto "O libro dos Abrazos" e "Un beso antes de dormir"

Ningún comentario:

Publicar un comentario