fondo

xoves, 1 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: KILIAN 2

Seguimos con Kilian de protagonista. As súas tarefas diarias son poñer o seu nome cas letras de foam e colocar as pinzas nos números correspondentes. Tamén contamos as letras do seu nome e aproveitamos para construir a recta numérica


Kilian colocou tantas tapas como indica o número axudado polos seus compañeiros. Sempre tomamos como referencia algo coñecido: unha nariz, dous ollos, tres anos, catro rodas o meu coche, 5 dedos na miña man...

Ensinounos as cousiñas que traía a súa caixa e as súas fotos. E explicounos un pouquiño as súas follas de protagonista.

coa súa amiga Ana



O seu bibe que xa non usa



Contounos como é o seu nome completo, o nome dos seus papis e do seu avó.

Que a súa serie favorita son a patrulla canina e songoku, e tamén a súa música favorita. A súa comida son os espaguetis, as patacas fritidas e as hamburguesas. E ten un can aínda que non lle logrei sacar como se chamaba, non parecía moi enterado do nome jaajjajajaj


Para rematar, como protagonista, tocoulle facer despegar o cohete marcando primeiro os nomes do 5 ó 0 coa axuda dos compañeiros.
Esta actividade está en CURIOUS GEORGE, se vos apetece investigar tédela na barra lateral. E o xogo concreto AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario