fondo

luns, 5 de marzo de 2018

AS LETRAS DO NOSO NOME e DON PINCHITO

Outro xogo que levamos a cabo para traballar as letras do noso nome é empregando paus de mandeira (do médico ) e gomets coas nosas letras. A tarefa era doada, só tiñan que colocar as pegatinas no pau que xa tiña escrito o seu nome remarcando a primeira letra en vermello.



Despois estivemos punzando camiños para achegar o gomet vermello ata a estrea con DON PINCHITO. Nesta actividade poñemos en práctica a psicomotricidade fina, a forza de man e dedos, a observación...

Había que ter coidado porque se nos salíamos do camiño...


Ningún comentario:

Publicar un comentario