fondo

mércores, 7 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: SERGIO 2

Hoxe o protagonista estívenos ensinando os seus xogos e contos favoritos. A primeira hora non quixo que eu lles contase os contos que trouxo pero antes de irnos para a casa deixoume ensinarlle os compañeir@s os seus contos preferidos. Encantáronlles pero sobre todo un que tiña de levar ás crías de diferentes animais xunta as súas mamás para durmir.
abecedario monstruoso

xogo de profesións




Estívonos ensinando o seu xogo de profesións que era pequenos puzzles de unir a profesión con algún material propio da mesma. Aproveitamos para traballar ese vocabulario (o que máis nos costou foi o de científica e xueza), e tamén para traballar sobre o que queremos ser de maiores (bailarina, futbolista, perruqueira, granxeiro, pintor e pintora, astronauta e bombeiro) e parece ser que as chicas non poden ser futbolistas...:( 
Mañá continuaremos sacándolle partido as cousiñas que nos trouxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario