fondo

luns, 12 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO

Esta semana o noso protagonista é Leo. E coa coroa posta (ben ou mal porque quédanos grande e sempre se nos cae) saudou un a un os seus compañeir@s (máis ben axitounos ajjajaj)

Hoxe, ademáis, tocou ensinar as cousiñas de bebé. Explicounos todo moi ben



O primeiro que nos ensinou foi un pequeno xoguete que ten música que usaba de bebé para durmir. Ademáis, tamén tiña luces.
Aquí está co seu primeiro traxeciño (o que levaba cando saiu do hospital). Xa todos sabemos que as mamás lévannos na barriga e van ó hospital a dar a luz. Tamén trouxo uns zapatiños que empregamos para facer a medida do pé de bebé e a de agora, biberón, chupete e tamén un calcetín que, como moi ben nos amosou, emprega para darse caricias e durmir.



Despois ensinounos e explicounos todas as súas fotos... non quixo deixar nada para mañá jajajajaaa E esta parte gústalles moito...sobre todo cando viron que tiña unha foto da gardería na que saían moitos deles.

Xa temos o novo RECUNCHO



Ningún comentario:

Publicar un comentario