fondo

xoves, 8 de marzo de 2018

OUTROS XOGOS DE PRÉSTAMO...

Aquí tedes outros xogos que teñen a súa disposición para levar a casa en préstamo:
Xogos de buscar elementos que aparecen no marco da imaxe. Poden rodealos co rotulador que vai ca lámina e borrar fácilmente cunha toallita ou pano mollado

Constrúe con policubos. Permite un xogo libre de construir e tamén leva unhas fichas molde de números

¿Qué imaxe está repetida? ¿Cal non ten parella? Pequenas actividades de atención

Lógico primo. É un material que permite, empregando diferentes plantillas, traballar moitos conceptos básicos. Debes levar cada botón de color ata a resposta que crees correcta e cando remates darlle a volta a ficha e comprobar as respostas.

Gusanos comendo mazás. Esta actividade traballa a asociación de grafía e cantidade a través dun xogo no que tes que colocar cado gusano na mazá correspondente segundo os puntos que teña debuxados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario