fondo

xoves, 8 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: SERGIO 3

Hoxe visitounos a mamá de Sergio e trouxo dous contos para contarnos. Os tres porquiños e "O cocodrilo ó que non lle gustaba a auga! . Tivo que contar dúas veces o conto dos porquiños e aínda querían mais. E case non a deixan marchar...¡encántalles que as mamis e os papis compartades un ratiño con eles!
Ensinándonos un tren do abecedario que lle gusta moito

Tarefas de protagonista

Coa súa mamá Cruz contándonos o conto dos tres porquiños



E o conto do "Cocodrilo al que no le gustaba el agua"


Resulta que o pobre era un Dragón

Ademáis, trouxo outro regaliño especial (vir a ler contos e visitarnos xa é todo un agasallo): lacasitos e as galletas preferidas de Sergio. Estas galletas teñen letras asi que Sergio deulle a súa primeira letra a todos @s nen@s, excepto a Kilian, que non apareceu.

¡MOITAS GRAZAS POLA VISITA!


1 comentario:

  1. Moitas grazas a ti por todo. Foi un pracer poder compartir un ratiño con todos os pitufos e contigo, estiven encantadísima.

    ResponderEliminar