fondo

luns, 5 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: SERGIO

Esta semana o noso protagonista é Sergio, así que pola mañá cedo tocou a coroación e o saludo os compañeir@s. Despois ensinounos algunhas cousiñas de cando era bebé e trouxo un montón de fotos para explicarnos cousiñas da súa vida. Estaba un pouco nervioso da emoción e ata se lle olvidou o nome do seu papá ... jajjaajajjaja

                              Compoñendo o seu nome que ten 6 letras ¡igual que o de Kilian!
Noutra actividade posterior descubriu que Daniel, o seu irmán, ten as mesmas letras que SErgio


O seu osiño Pepito



Trouxo dous pares de zapatos de bebé asi que aproveitamos para medir o pé agora mesmo e dos zapatiños. Así conseguimos tres medidas: pequeno, mediano e grande

Tamén medímolo co metro e comparamos co seu pixama ¡xa medrou moito!


 Estivemos vendo as súas fotos de cando era bebé... ¡Está moi cambiado!



RINCÓN DO PROTAGONISTA

Ningún comentario:

Publicar un comentario