fondo

sábado, 10 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: SERGIO 4

Chegou o venres e con el acabouse a semana do noso protagonista, Sergio, pero aínda estivemos facendo algunhas tarefas pendentes para poder rematar o seu libro.




A súa cor favorita é o vermello así que Asier foi o encargado de pintarlle a man desa cor para logo plasmala na páxina do libro
Ensinounos as páxinas do libro que cubriu coa axuda de mamá e papá na casa pero púxose tan nervioso que non se acordaba nin de onde vivía jajajjajaj

A súa familia, tamén nos dixo que o seu debuxos favoritos eran Pocoyó, a súa comida arroz con peituga de polo e o seu xoguete favorito os coches

A súa mascota (non nos soubo dicir cal dos cabalos que aparecía era a que máis lle gustaba)

volveunos a ensinar o tren das letras pero esta vez funcionando
como remate escoitamos a súa música favorita, POCOYÓ e a de Lunnis "nos vamos a la cama", botamos outro vistazo o seu album de fotos e xogamos a dous xogos de Pocoyó.

E así quedou o seu libro de protagonista:











Esta vez decidiron que en lugar de debuxalo preferían facerlle un debuxo de regalo.




E éstes son os seus mellores amigos do cole

¡MOITAS GRAZAS SERGIO!




Ningún comentario:

Publicar un comentario