fondo

xoves, 15 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO 4

Hoxe xoves tocou visita da mami e do papi de Leo e contáronnos cousas moi interesantes. A mamá de Leo traballa nunha clínica dental e tróuxonos unha boca para ensinarnos o importante que é lavarse ben os dentes despois de cada comida. Ensinounos co cepillo de Leo como hai que facer para limpar os dentes e tamén o seu cepillo eléctrico... creo que quedamos en pedir un para Reis 😛












Repartíronnos pasta de dentes para  lavarnos os dentes e tamén nos deron un regaliño moi chulo: uns pequenos ratonciños PÉREZ que se abren e serven para gardar os dentes debaixo da almofada á espera de que o ratonciño nos traia un pequeno agasallo. (algún quedou por clase)
 Tamén nos contaron un novo conto de animais e os seus sons.
E antes de irse deixáronnos as galletas preferidas de Leo para compartir na merenda, as OREO.

¡MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario