fondo

domingo, 18 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO 5

Rematou a semana de Leo pero aínda estivemos facendo un montón de cousas en torno a él.
O primeiro a cor favorita... sempre están moi preocupados por quen vai a escoller o protagonista para pintarlle a man




Estivemos xogando un ratiño co cocodrilo ¿a quén intentará comer? Había que ir baixándolle os dentes... e algunhas veces cerraba a boca (algún tívolle medo e non quixo)

Tamén botamos unhas risas co pingüino e o coche de corda...cando un atropelaba e apuraba ó outro.

Despois tocou un ratiño de xogos aproveitando os que Leo compartiu connosco: puzzles de animais e raio McQueen; os seus contos e o xogo da Oca (que como dixeron os seus papás gústalle moito xogar pero pouco perder... según él na casilla do pozo non hai que quedarse sen xogar dous turnos aínda que tivo a mala sorte de que outro dos nenos sabía xogar e sí .... jaajajajjaja ) O final non puidemos xogar todos porque este xogo dura un rato e algúns non sabían xogar e era máis complicado...O final gañou o dono do xogo (facendo a vista gorda coas súas trampas...jajajajaj)





 Así quedou o libro do Protagonista:
(olvideime da portada )












 No debuxo do corpo vamos mellorando...xa van aparecendo a cabeza, as pernas e os brazos. Cústanos un pouquiño máis buscar adxetivos para definir o noso compañeiro que non sexan "gústame a súa cabeza" "os seus zapatos" "a súa barriga"....

Ningún comentario:

Publicar un comentario