fondo

xoves, 1 de marzo de 2018

XOGOS EN PRÉSTAMO

A partir deste xoves os nen@s levarán para a casa, xunto co conto da Biblioteca, un xogo da aula para xogar con papá, mamá, irmáns... O intercambio farase o mesmo tempo co libro, os xoves, sendo necesario que traian para ese día a carpeta co conto e o xogo anterior.
A idea fundamental desta actividade é pasar un rato cos papis e que vexades algunha das tarefas típicas que facemos na aula de infantil. Cada neno e nena teñen un desarrollo diferente polo que algúnhas tarefas resultarán doadas para úns e algo máis complexas para outros ... o máis importante é divertirse mentras aprenden sen darse conta, dándolle as axudas que vexades.

 Estes son os xogos que levaron esta semana:



DOMINÓ. Cada xogador terá 5 ou 7 fichas dependendo do número de xogadores. Comezo o xogador cunha ficha de animal doble. Por turnos, e no sentido das agullas do reloxo, irán colocando as fichas unindo os mesmos animais. Cando un xogador non teña ninguna ficha válida poderá coller unha do montón que sobrou e se non lle serve terá que pasar turno.


MEMORY. Xogo clásico consistente en colocar boca abaixo todas as parellas e por turnos, no sentido das agullas do reloxo, ir levantando dúas para atopar parellas. É importante que lles den a volta no mesmo sitio e non as leven hacia sí, para poder traballar a memoria espacial (onde se van atopando os animais que xa sairon) Gaña o que máis parellas consiga

FICHAS NUMÉRICAS. Traballamos as cantidades a través da súa equivalencia en dedos, puntos ou números correspondentes. É importante axudalos a facer esas equivalencias dunha maneira significativa, cos seus propios dedos, con pedras ou fichas colocadas enriba dos debuxos... comenzando cos dedos, despois puntos e finalmente os números que son os máis abstractos.

LIBRO XOGO. É un libro para traballar a observación e atención. Tes que buscar en diferentes imaxes o que che mandan.

BAMBINO. Esta material serve para traballar moitos conceptos propios da etapa infantil como atención, observación, relación causa-efecto, lóxica...No libro explícase o modo de xogo.
FOTOS E O SEU NOME. Cada tarxeta ten unha foto e catro nomes para escoller. Deben recoñecer o nome dos seus compañeir@s e ir marcando cas pinzas o nome correcto.
PETE THE CAT.  Nesta carpeta hai varios xogos de conteo, buscar o diferente ou facer un puzzle


Ningún comentario:

Publicar un comentario