fondo

mércores, 14 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO 3

A caixa de Leo veu cargadiña de cousas e hoxe estívonos ensinando o seu xogo de puzzles de números e un conto de Veo Veo na cidade co que traballamos o vocabulario de comidas, transportes, animais, roupa...




Despois aproveitamos para facer tamén o puzzle que tiñamos pendente de Sergio (ó principio non lle fixo nadiña de gracia a Leo pero logrei convencelo 😊 ) Buscamos as pezas das nosas letras e intentamos compoñelas...pero este abecedario monstruoso resistíase. No noso recuncho de letras xa temos unha copia do cartel que ven co puzzle

¡É un luxo esto de contar con tantos xogos...vamos renovando e aprendendo de tod@s!

Ningún comentario:

Publicar un comentario