fondo

luns, 26 de febreiro de 2018

MÁIS XOGOS DE ASAMBLEA: cantidades e espacio

O curso vai avanzando e van a parecendo novos retos os que se teñen que enfrentar. Hoxe tiñamos que contar os insectos que había na bandexa pero sen sacalos da mesma senón que empregamos tapas para representar ese conteo. A idea é entender de onde saen as grafías, en principio sen significado propio, e a axuda que nos aportan os números para representar cantidades dunha maneira rápida.


fixemos comprobacións entre tapas e insectos

¿de qué insecto hai máis? ¿menos?

intentamos escribir as grafías para representar cantidades

Tamén xogamos co espacio e a nosa amiga a Toupiña. Primeiro a demostración "a toupiña está ENCIMA  da silla" "atópase DEBAIXO" "DETRÁS-DIANTE " "A UN LADO-A OUTRO", despois eran eles quen dicían onde colocara a toupiña e finalmente saíron eles a colocala... témolo bastante claro...case todos...jajajaj sempre hai algún despistado.



Por último tocaba romper un pouco os esquemas e ser eu a referencia... pero claro se eu xiro a toupiña, sen moverse, atópase diferente con respecto a min ¡qué lío!

Ningún comentario:

Publicar un comentario