fondo

sábado, 3 de febreiro de 2018

VENRES MATEMÁTICO E LITERARIO...

Este venres estivemos pouquiños no cole xa que o frío trouxo tamén resfriados. Estivemos a xogar a varios xogos lóxico matemáticos:
cada ovella coa súa parella


 Construímos conxuntos equivalentes. Partimos do modelo e por turnos tiñan que construir no plato  o  conxunto equivalente a ún meu

 Posteriormente, montamos os policubos para comprobar se tiñan a mesma altura. Están un pouquiño duros e téñolles que axudar a encaixalos pero é moi bo para o traballo de mans e dedos.
 Posteriormente comparamos distintas torres e tratamos de ordealas de menor a maior facendo unha escaleira

 Tamén presentamos un novo xogo para as gavetas. É un xogo de relacionar a cantidade de peixes que aparece na tarxeta co número que os pingüinos teñen na barriga. En principio, só temos as cantidades do 1 ó 4 porque todavía nos custa un pouquiño a algúns o recoñecemento das grafías.

Ademáis, este mes de Febreiro comezamos cunha ACTIVIDADE LITERARIA moi especial. Cada venres, durante uns 10-15 minutos un grupo de nen@s de 6º de primaria baixarán a contarnos contos. No comezo deste novo mini proxecto o grupiño de nen@s que viñeron: Lorena, Iker, Sheila e Arantxa trouxeron o seu conto favorito de cando eran pequenos. Tanto maiores coma pequenos estaban un pouco nerviosos pero creo que resultará unha actividade moi enriquecedora para todos e todas.








Tamén fixemos algunha actividade individual a modo de recunchos: as tarefas establecinas eu e tiñan un tempiño pequeno para realizalas e cambiar a outra:
psicomotricidade fina: Broches, cremalleiras, velcro...
Abecedario animais: os animais do meu nome
pingüinos numéricos: grafía e cantidade

correspondencias un a un

puzzles sinxelos
Estampado do nome en arcilla con tampóns de letras
construíndo bonecos de neve: iniciais e fotos

E ademáis de todo isto, os venres teñen unha pequena sesión de Audición e linguaxe ca profe Natalia antes da merenda e música ca profe Raquel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario