fondo

venres, 16 de febreiro de 2018

¿QUÉ FIXEMOS HOXE NA ESCOLA?

Hoxe estivemos facendo algúns pequenos xogos cas mans e tamén de sopro Resultado de imaxes para eyes finger gym
Facendo ximnasia coas mans con Don ollos


xogos de sopro: Facer voar o papel soprando coa boca ou co nariz (isto custounos máis)

Xogando cos sons: ppppppp, mmmmmmm. llllllll

Empregamos diversos xoguetes pequenos para traballar o vocabulario e os sons iniciais. Estos sons pertencen as iniciais de nomes da clase e iso danos unha pista moi grande "Dame un xoguete que comece por ppppppp" 
Xogando ca torre rosa 
Algún xa fixo moitos avances cos bonecos de neve das iniciais
as cantidades do 1 ó 3 xa están dominadas
mellorando no recortado
Esta semana tapamos os nomes que servían de referencia así que toca empregar estratexias para emparellar fotos e nomes
Outros prefiren mellorar no punzado
Practicando a escritura do nome no encerado
As series de dous elementos
Conteo e grafías cos pingüinos
Algunhas veces son eu a que lles vou axudando pero hai momentos en que entre dous logran resultados moi bos.
Ordeando a serie numérica
O longo do día facemos máis tarefas pero non é posible captar todo o que traballan

E chegou o venres e con él  o venres literario. Os nenos de sexto viñeron a contarnos contos, os seus contos de cando eran pequenos.




¡Gracias chic@s por este ratiño de lectura!






Ningún comentario:

Publicar un comentario