fondo

mércores, 7 de febreiro de 2018

LÓXICA MATEMÁTICA E OUTROS CONCEPTOS

Facemos series en papel con gomets de cores. Podémolo expresar de dúas maneiras: gomet rojo, gomet verde ou círculo cadrado... ou incluso a combinación pero é necesario darse conta do patrón a seguir. A ficha contaba co patrón escollido e tiñan o seu alcance únicamente as pegatinas necesarias.
 Onte tamén fixemos unha serie todos xuntos empregando pintura, rollos e esponxa e outra en papel na que a diferencia dos gomets non era de forma senón de tamaño e cor.







Tamén tivemos tempo de gavetas
ordeando por cantidades do 1 ó 3

escribindo en area 
punzando


Bambino: é un xogo de fichas que se colocan encima do libro e se realizan diversas actividades de lóxica. É autocorrectivo aínda que todavía estamos presentando o xogo e non o controlamos moito

Cada ovella coa súa parella

Facendo series de dúas cores cos policubos. Tamén facemos comparacións: máís longa-curta 
Construíndo a partir dun modelo



construíndo o nome con letras móbiles 


pinzas e cantidades

Xa para rematar o día estivemos xogando con outro material plastificado e ca temática dos INSECTOS, xa que é o proxecto común que temos este ano na etapa de infantil. Fixemos diversas actividades matemáticas...
Falar de qué son 
¿ónde hai máis? Comprobamos
MOITOS-POUCOS
Clasificar 
Ordear de menor a maior. Comprobamos

A caza do insecto ¿Cántos cazaches?

Series


Ningún comentario:

Publicar un comentario