fondo

venres, 23 de marzo de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: PAULA 4 ¡actualizada!


Acabouse a semana e con ela a nosa protagonista cerrou o seu libro pero antes tocaba rematar as últimas páxinas. A súa cor favorita é a rosa e escolleu a Leo para que lle pintara a man. Esta actividade gústalles moito e están desexando ser os escollidos ajajajaja



 Tamén fixemos un debuxo para Paula. Álgúns esméranse moito e xa comeza a aparecer o monigote cos seus brazos e pernas, outros todavía están na fase de garabateo.

Así quedou o seu libro 

















A PROTAGONISTA DA SEMANA: PAULA 3

Onte contamos coa visita da mamá e o papá de Paula que viñeron a contarnos un conto e a estar un ratiño xogando.


 O xogo consistía en equilibrar unhas pezas nunha tortuga tambaleante e o outro era un dominó o cal todavía non dominamos ajajjajajajaj
 Para finalizar Paula quixo ensinarnos de novo o seu libro de Protagonista: os seus papás chámanse Edgar e Nuria, ten unha cadeliña de  mascota, gústalle a pizza e pintar e tamén xogar coa cociña, contos e os puzzles.

A súa canción favorita é "Soy una taza, una tetera..." e a súa serie de debuxos favorita "Pepa Pig" por iso trouxéronnos uns paraugas de chocolate de Pepa Pig.

¡MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

martes, 20 de marzo de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: PAULA 2

Hoxe estivemos traballando co nome de Paula: contamos as súas letras  5 e recorrimos a serie numérica de menos a máis e ó revés. Fixo tarefas de conteo, colocou as pinzas nas tarxetas ata o 6 e xogamos cos sons que compoñen o seu nome pppppp, aaaaaaaa, uuuuuu




luns, 19 de marzo de 2018

A PROTAGONISTA DA SEMANA: PAULA

Arrancamos nova semana e temos protagonista nova. Despois da súa coroación tocou o saúdo real...aínda que non hai maneira de que digan a frase "Bos días.,.." dalles a risa.

E abriu a súa caixa para ensinarnos todos os seus tesoros...non deixou un. Quixo sacalos todos: peleles, chaquetas, patucos, zapatos, chupete, biberón...Tamén nos ensinou as súas fotos...trouxo un montón delas e nalgunhas aparecían algúns nenos da clase...¡Qué ilusión e sorpresa levaron algúns!


 Hoxe vimos por primeira vea unha ecografía... e creo que xa sabemos todos o que é


 Traía un movil con sonidos de Minnie...e todo aquel obxeto que ten ruiditos é o que máis os atrae
Estivemos preparando o seu Recuncho 



domingo, 18 de marzo de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO 5

Rematou a semana de Leo pero aínda estivemos facendo un montón de cousas en torno a él.
O primeiro a cor favorita... sempre están moi preocupados por quen vai a escoller o protagonista para pintarlle a man




Estivemos xogando un ratiño co cocodrilo ¿a quén intentará comer? Había que ir baixándolle os dentes... e algunhas veces cerraba a boca (algún tívolle medo e non quixo)

Tamén botamos unhas risas co pingüino e o coche de corda...cando un atropelaba e apuraba ó outro.

Despois tocou un ratiño de xogos aproveitando os que Leo compartiu connosco: puzzles de animais e raio McQueen; os seus contos e o xogo da Oca (que como dixeron os seus papás gústalle moito xogar pero pouco perder... según él na casilla do pozo non hai que quedarse sen xogar dous turnos aínda que tivo a mala sorte de que outro dos nenos sabía xogar e sí .... jaajajajjaja ) O final non puidemos xogar todos porque este xogo dura un rato e algúns non sabían xogar e era máis complicado...O final gañou o dono do xogo (facendo a vista gorda coas súas trampas...jajajajaj)





 Así quedou o libro do Protagonista:
(olvideime da portada )












 No debuxo do corpo vamos mellorando...xa van aparecendo a cabeza, as pernas e os brazos. Cústanos un pouquiño máis buscar adxetivos para definir o noso compañeiro que non sexan "gústame a súa cabeza" "os seus zapatos" "a súa barriga"....