fondo

venres, 19 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO 5

Xa chegou o último día da semana pero todavía non acabamos co traballo do protagonista. Hoxe estivemos descubrindo como conseguir a cor favorita de Mauro, o morado. E aínda que algúns o sabían empregamos un dos contos que trouxo Mauro no que se xogaba cas cores para mirar que cores tíñamos que empregar: vermello e azul. E como somos plurilingües pois nombrámolos nos tres idiomas... que non se diga que non somos aplicadiños :)



E xa que as vacas son unha das cousas favoritas de Mauro usámola de excusa para facer series e falar un pouquiño delas. Mauro díxonos que dan leite e se pode facer queixo, como a súa avoa.

 Tamén tiñamos unha avespa e as súas cores: negra e amarela


e falamos de longa-curta ou alta-baixa
Este xogo, xa presentado, pasará a formar parte das Gavetas.

E xa para rematar aquí tedes cómo quedou o LIBRO DE MAURO penso cun bonito recordo para cando sexa maior. 









outra das páxinas que cubrimos no cole son os debuxos dos seus compañeir@s e algo bonito que pensan sobre él.





 Bailamos a súa música, escoitamos e miramos os seus contos, obsevamos as súas fotos da súa familia e coñecemos un pouquiño máis a súa vida.

¡Gracias Mauro!


1 comentario:

  1. Aínda me sigo emocionando vendo o resultado. Gracias Leticia pola túa dedicación!!!!!

    ResponderEliminar