fondo

luns, 15 de xaneiro de 2018

PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO

Arrancamos a semana co comezo do noso proxeto "O protagonista da Semana" e foi Mauro e os seus papis os que deron comezo a esta actividade. Hai que dicir que, ahí onde o vedes, deulle un pouco de vergoña o principio...jajaaajaajja
Hoxe tocou coroalo como protagonista e amosounos algunha das cousas da súa caixa:
(As fotos non son moi nítidas xa que estaban moi emocionados e era difícil atender a todo) 
  • Primeiro saudou a todos os seus compañeiros cun apretón de mans e dándolle os bos días 
  •  Ensinounos as súas fotos: a mamá embarazada, recén nacido, os avós, os primos, o momento do baño....





  •  Mostrounos roupiña e obxetos de cando era bebé e aproveitamos para medir co metro a Mauro e comparalo co seu body de bebé ¡mirade cánto medrou!


  •  Tocoulle "borrat" o seu nome que previamente escribín na pizarra empregando un pincel e auga....mais que seguir os trazos emborronounos pero pouco a pouco



Tamén estivemos vendo as folliñas do Libro do Protagonista que levou para a casa...fíxonos moita gracia a súa comida favorita (algún pensou que eran fabas ajajajajja) e aproveitamos un ratiño para escoitar parte do CD de música que trouxo
 Aquí temos o Recuncho do protagonista...mañá seguiremos sacando cousiñas da caixa

Ningún comentario:

Publicar un comentario