fondo

sábado, 13 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA...

A semana que ven daremos comezo a unha actividade de coñecemento de todos os nenos e nenas da aula coa axuda das familias. Para iso, como vos expliquei na nota, tedes que recopilar algúns obxetos de cando era bebé, e outros favoritos deste momento así como fotos que lles axuden a contarnos cousas da súa vida. Encherán as páxinas que levan o venres antes da súa semana como protagonista e pensaredes nalgunha cousilla que vos apetece compartir connosco (non require moito tempo, senón compartir un ratiño co voso fill@ na aula, que sempre lles fai moita ilusión e contarnos algunha anécdota ou unha nana, canción, conto favorito...) Se isto fose moi moi complicado para algún de vós sempre pode vir outra persoa da familia: avó, avoa, irmáns...
Para que vos fagades unha idea de cando vos vai tocar a continuación amoso o primeiro turno:

Mauro..........será o protagonista do 15 ó 19 de xaneiro. O luns traerá as páxinas cubertas do que será                       o seu libro de protagonista e a caixiña coas cousas que quera compartir. O xoves 18 están convidados os seus papás a facernos unha visita (tedes que confirmar a visita do xoves e o horario que mellor vos conveña, sendo este entre as 9.35 e as 11.30 pola organización do horario)

Pablo........ será o protagonista do 22 ó  26 de xaneiro. O venres 19 levará a carpeta para cubrir as follas do protagonista.

Martina....... será a protagonista  do 29 xaneiro ó 2 de febreiro. O venres 26 levará a carpeta do protagonista.

Lucas.........será o protagonista do 19 ó 23 de febreiro.

Facemos un salto no calendario xa que o día 8 de febreiro iremos de excursión, e a seguinte semana son as vacacións de Entroido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario