fondo

luns, 8 de xaneiro de 2018

ARRANCAMOS CON NEVE...

Xa estamos de volta con moita forza este 2º trimestre. O primeiriño de todo ¡FELIZ ANO  a tod@s!.
Hoxe estivemos traballando moito (aínda que non contaba con lograr moito pola revolución das festas... pero estaban eles para levarme a contraria ajjajaj) Comezamos falando das cousiñas que nos trouxeron estas festas: coches, bonecas, granxas, contos, grúas... Recoñezo que non me enterei ben de todo porque aínda falamos un pouco regulín pero iremos mellorando.
Despois tocaba repaso dos compañeir@s empregando os bits con foto e nome e, como non, unha proba de se recoñecemos os nomes dos compañeir@s canda non hai fotos. Pero estamos en inverno e non podíamos pasar sen algo moi típico e que tanto saiu nas noticias estes días.... A NEVE. Unha neve moi especial na que podemos escribir e garabatear. 


extendemos










tamén adiviñamos o que escribiu a profe

 Ademáis andivemos xogando cunha nova actividade que formará parte das gavetas. Nun primeiro momento será unha correspondencia entre debuxos e pinzas... nunha segunda fase colocaremos pinzas cos números.




Tamén tivemos un ratiño para o xogo libre de consignas. Eles e elas poden escoller entre os diferentes xogos que temos preparados nas gavetas de forma libre e dedicarlle o tempo que eles queiran, así como cambialo cando precisen. Eso sí, recordamos as normas básicas que son recoller antes de cambiar de xogo e non molestar ós compañeir@s.
Recortado
Trasvases de fabas, pinzas...


Garabateo en pizarra máxica
punzado de círculos
xogo de equilibrio: árbore de nadal

E aínda tivemos tempo de xogar un ratiño co noso robot BeeBot e o seu tableiro de Papá Noel que nos quedara pendente antes das festas.

Nos xogamos moito porque tardamos moito en colocarnos todos para poder ver ben e todavía é difícil contralar o impulso de non tocar o robot senón é o noso turno. De todos xeitos, a partir deste trimestre acompañaranos en diversas tarefas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario