fondo

domingo, 24 de decembro de 2017

XORNADA ESPECIAL NADAL...

Chegou o derradeiro día do trimestre e xa andamos pensando nas festas ou nos agasallos. En infantil tivemos unha xornada especial. Comezamos cun conto que para min é moi especial porque neste momento en que todos son agasallos, felicidade e ledicia é importante recordar as cousas máis importantes...AS APERTAS o mellor agasallo do mundo
Imagen relacionada Resultado de imagen de el regalo cuento

Despois saímos o patio a facer unha ronda de xogos:
 1. CONSTRUCCIÓN DUNHA ÁRBORE DE NADAL




Non é unha tarefa doada pero fixérono moi ben

2.AXUDAMOS A PAPÁ NOEL COS AGASALLOS. Tiñamos que levar a través dun circuito os agasallos de Papá Noel ata o trineo, na cabeza.


3.ENCESTAR BOLAS NO BONECO DE NEVE.


Mentres estabamos xogando tivemos dúas visitas especiais. Algún non sabía moi ben que facer: saír correndo, chorar, rir... O apalpador e Papá Noel trouxéronnos doces e bombóns.





Despois tivemos unha merenda conxunta. 
Así quedou o noso quebracabezas da árbore de nadal:

¡FELICES FESTAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario