fondo

xoves, 14 de decembro de 2017

BONECOS DE NEVE E ARTE

Introduccimos os bonecos de neve para traballar as nosas iniciais. O traballo consiste por unha banda recoñecer a inicial que aparece no sombreiro do boneco e por outra construir o boneco cas bolas de neve que conteñen as nosas fotos e outros debuxos que comezan igual. Este traballo non é cousa doada pero entre todos imos sacando ideas e vanse acostumando a escoitar os sons das letras, e non tanto o nome da mesma.



Ademáis, andamos rematando o noso traballo de outono, colocando nomes das froitas, animais ou fenómenos do outono, rematando aqueles que quedaron pendentes porque faltamos ou engadindo unha nova técnica plástica para plasmar outra froita do outono.
 Búsqueda da palabra para poñer xunto o debuxo
 Empregamos spray para conseguir plasmar peras. Ademáis de divertido para @s nen@s, traballamos a forza da man.


 Escollemos entre varias palabras aquela que corresponda. Neste caso a pista era comeza igual que Pablo e Paula
Escollemos entre varias palabras aquela que corresponda. Aquí, unha vez escoitado a palabra que emprega o neno, buscamos por igualdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario