fondo

luns, 4 de decembro de 2017

COMEZAMOS DECEMBRO...

Hoxe engadimos unha novedad no xogo de clasificación, que xa o fan moi ben. Ahora tocaba BUSCAR O INTRUSO

CLASIFICAMOS

¿CAL É O INTRUSO?

¿CAL É O INTRUSO? Neste punto tivemos dous posibilidades: algún dicía que era a vaca grande porque lle falta unha pata (tena rota) e outros o porquiño porque o resto son vacas. 


O xogo pillárono moi ben, o que nos custa un pouquiño máis é dar unha explicación e non o PORQUE SÍ.

Outro xogo que fixemos estaba relacionado cas cantidades. Empezamos con tres columnas onde aparecen unha tapa, dúas tapas e tres tapas. Debaixo colocamos as cartas do cinquillo e o xogo consistía en coller da bandexa o obxeto que quixéramos (pex: se queríamos o cabalo tíñamos que coller todos os que había) e colocar na columna correspondente. Podíamos facer a comprobación empregando os puntiños das cartas.





Finalmente, puxemos a atención na grafía do número

Non podemos pasar sen facer as nosas tarefas de Asamblea relacionadas co noso nome. Vámolas variando para que non perdan a motivación e hoxe tocou descubrir a cortina: primeiro teñen á vista únicamente o nome, unha vez que saben de quen é, o elexido sale a PDI a descubrir a súa foto e neste caso a rodear a súa primeira letra ou tratar de escribila.



E como non podía faltar, tocaba unha actividade plástica neste caso relacionada co Nadal. Ofrecínlles catro pezas dun puzzle que nos costou un pouquiño montar pero ó final apareceu un reno de Papá Noel.


 Tocaba facer líneas rectas. Cada equipo de catro conta cunha parte do reno.


 E despois adornámolo con luceciñas de cores empregando a técnica do puntillismo con bastoncillos.



Algún emocionouse moitooo...


¡TACHÁN!


Ningún comentario:

Publicar un comentario