fondo

mércores, 20 de decembro de 2017

EQUILIBRIO, "MATASOGRAS" E QUEBRACABEZAS...

Esta semana ademáis de ser máis cortiña estamos xa moi emocionados cas vacacións, Papa Noel, regalos...e cústanos un pouquiño traballar, pero que lles imos pedir. A verdade é que remata o trimestre, xa temos as rutinas establecidas e as cousas xa funcionan mellor. Este trimestre foi intenso, cheo de cambios, normas novas, novos compañeiros, xogos, apertas e, sobre todo, creación dun grupo de compañeir@s que conviven e se axudan. Houbo momentos moi especiais entre eles aínda que non sempre teño a cámara preparada para estes momentos. As apertas cando aparece esa compañeira que chega tarde, pero ahí esta; besos cando precisamos unha carantoña; moitas risas, saúdos moi efusivos cando aparece outro compañeiro que non ía vir, ou para min mesma cando están con outra profe... tamén houbo empuxóns, enfados, algún mordisco... pero iso é a convivencia e estamos aprendendo a reaccionar de forma correcta ante os conflictos. Tamén danse momentos que sinceramente son para rir. Hoxe mesmo déronse conta de que ando afónica e ún preguntoume porqué falaba así e contesteille que me doia a garganta e estaba afónica. Ante a mesma pregunta dunha compañeira, éste constestoulle "porque ti lle das moito traballo, por eso está así"




preparamos a portado do outono






Aproveitamos para traballar o soplo con matasuegras


Hoxe tamén estivemos practicando un dos xogos que faremos mañá. Consiste en facer unha árbore de nadal empregando vasos. É un xogo para traballar o equilibrio, paciencia, lóxica... Traballamos por equipo, aínda que algún aínda lle custa, e tamén probamos de maneira individual ou en parella.





Finalmente, tamén estivemos pintando as pezas dun quebracabezas pensado para todo o cole pero nós vamos por diante porque nos custa un pouquiño máis. Estivémolo montando pero non nos deu tempo a xogar ó VEO VEO.









Ningún comentario:

Publicar un comentario