fondo

sábado, 16 de decembro de 2017

VENRES NAVIDEÑO...CORPO, ROBÓTICA E FELICIDADE

Xa están ahí as festas de Nadal é nótase no ambiente. Hoxe comezamos o día escoitando cancións propias deste época do ano porque cando encendimos o ordenador, como todos os días, empezaron a soar estas cancións (¡non sei cómo! supoño que algunha profe o deixou en repouso) e aproveitamos para visualizar o calendario de Papá Noel que cada vez está máis próximo da chimenea.  Tamén aproveitamos para falar da nosa carta dos Reis Magos-Papá Noel onde abundan os coches e cousas de cociña.
Despois, presenteilles un novo xogo cas partes do corpo que nos permite traballar o vocabulario e recoñecemento das mesmas. O punto motivador foi empregar un matamoscas para cazar as tarxetas coas partes do corpo.



Tamén acordáronse do robot que tiña preparado para comezar no 2º trimestre pero a ocasión o  requería e tivemos un primer acercamento o seu manexo. Preséntovos a BEE-BOOt. Empregamos a súa alfombra de letras e ca temática das nosas iniciais tivemos un primer contacto ca nosa nova mascota. Básicamente son catro movementos: ADIANTE, ATRÁS, XIRO PARA UN LADO E XIRO PARA O OUTRO. Tamén ten a función de BORRADO das ordes previas para ordenarlle un novo recorrido.


Os venres, ademáis, é o día de Música e despois desta especialidade sóbranos un pouquiño de tempo antes de prepararnos para o comedor no que intentamos aproveitar para leer contos ou  sesión de cine. Hoxe tocou cine e estes son os cortos que visualizamos
Un  corto mudo de Little Light Foundation no que se dá un conflicto entre dous animais (compañeiros, irmáns...) e a solución do problema. É importante ó diálogo acerca do que viron para cerciorarnos de que captaron a idea principal, recoñecemento de emocións, solución de conflictos pacíficamente...
Neste corto gústame destacar principalmente a Risa como motor do aprendizaxe e creación de  empatía co pobre porquiño que busca mil maneiras para conseguir comer unhas galletas recén feitas e non hai maneira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario