fondo

xoves, 25 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: PABLO 4

O xoves é o día da familia e nesta ocasión a mamá e o papá de Pablo compartiron connosco un ratiño na aula. É un momento de nervios e de moitas ganas de ensinarlle todas as cousas da aula. Presentoulles ós seus compañeir@s e contáronnos a que se dedicaban. Ademáis, a súa mamá, que é costureira, trouxonos un detalle moi especial que xa forma parte do nosos recunchos.... temos moito que prácticar





A súa mamá fíxonos un soporte con diferentes engahches, cremalleiras, botóns... que nos servirá para traballar a psicomotricidade libre e a nosa autonomía ó vestirnos. Custounos un pouquiño agardar sentados porque tentaba moito ir tocalo pero eso é a curiosidade non?
Ademáis, trouxéronnos outra sorpresa que algún xa uliu dende que entraron. A súa avoa Chus fíxo o biscoito que máis lle gusta a Pablo...¡riquísimo!


¡MOITAS GRACIAS POLA VISITA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario