fondo

xoves, 11 de xaneiro de 2018

UNHA DE NÚMEROS

Estivemos traballando as cantidades e os números correspondentes co dado. A actividade consistía en lanzar o dado e buscar a tarxeta correspondente a cara do dado. Despois tocaba contar coa axuda de tod@s e buscar a tarxeta co número correspondente.


 Posteriormente, engadimos os cubos que se montan para facer torres ¿cal será a máis grande? Para non equivocarnos, xa que todavía non sabemos contar, facíamos a correspondencia cubo-punto negro do dado



Finalmente, ordeamos de maior a menor as torres para comprobar as cantidades ¿cal era a máis alta e cal a máis baixa?


 Tamén estivemos ampliando vocabulario cun xogo de accións: caminar, correr, entrar, saír...Despois da presentación inicial é o noso turno de escoller a que nos piden. Este xogo levounos a outro de mímica: eu interpretaba unha acción e eles adiviñaban. Nesta parte fixérono bastante ben pero cando se trataba de interpretalo eles... a cousa complicouse ajjajajaja



Ningún comentario:

Publicar un comentario