Martina é a protagonista desta semana e trouxo un montón de cousiñas para ensinarnos. Hoxe tocaban as cousiñas de bebé e trouxo roupiña, varios bonecos e uns zapatiños.

Pero o primeiro de todo era saludar @s compañeiros dándolles a man e dicindo "bos días ...." failles moita gracia pero cústalles dicir a frase enteira.
Fixámonos no que crecera comparando o pixama coa súa estatura de hoxe en día e tamén medímola co metro.

Despois tocou observar o seu nome e intentar escribilo. Aproveitamos para visualizar un vídeo con debuxos que comezan por mmmmmmmm como Martina ou Mauro.
O seu nome ten 7 letras igual cos días da semana e ten escondida a palabra MAR ó inicio
Encàntame o que fas! Pasan unhas experiencias maravillosas, sólo facía falta verlle a cara de ilusión coa que estivo toda a fin de semana e coa cariña que se deitou onte agardando o gran día! Mil gracias
ResponderEliminar