fondo

venres, 19 de xaneiro de 2018

O PROTAGONISTA DA SEMANA: MAURO 4

O xoves era o gran día MAMÁ E PAPÁ visítannos na escola...¡qué nervios! Pero mentras non chegaban seguimos cantando e xogando os recunchos aproveitando os xogos que Mauro trouxo. Mirade que ben os distribui...
Recuncho do Alfabeto
 Saíron xogos moi interesantes...algúns construiron o seu nome cas fichas




RECUNCHO DO MEMORI
Recuncho para ver a Revista Frisona que trouxo Mauro (algún seguro que lle está dando a risa pero  eles estaban moi interesados)


Recuncho cos contos 
Os dous que facían sons encantáronlles


As 11 chegaron os papis, Manu e Óscar e a Mauro entroulle algo de vergoña. Estívolles ensinando os nomes das mesas porque xa os recoñece todos e tamén lles presentou os seus compañeir@s. A súa nai contounos un conto moi especial que escolleu Mauro "No hace falta la voz" Resultado de imagen de no hace falta la voz


 E despois traían unha sorpresa moi doce  ¡a galleta favorita de Mauro! Repartiron entre todos ¡cómo se puxeron de chocolate! pero despois merendaron un pouquiño de pera sen problemas.

Aproveitamos para contarlles o noso descubrimento do día anterior. Cando estábamos construíndo o nome de Mauro cas letras e falamos un pouquiño das súas letras e sons, descubrimos que o seu nome comeza igual co da súa mamá e remata igual ca inicial do seu papá. Tamén a súa comida favorita comeza por mmmmmm macarróns e o lugar no que vice Monterroso... e un montón de descubrimentos como que mimitos, mamita ou monito.

¡Gracias pola visita!

Ningún comentario:

Publicar un comentario