Esta semana limos o conto de Hervé Tullet "Colores". Trátase dun conto interactivo moi divertido para coñecer as cores primarias e as mezclas. A partir do conto construiremos un libro de cores...

Un dos recunchos desta semana estaba dirixido ó traballo da primeira cor escollida para o noso libro: AZUL. Empregamos rotuladores vellos para facer auga azul e un pouquiño de témpera, e os goteiros que tanto lle gustaron cando fixemos a chuvia... Traballamos a psicomotricidade fina no uso dos goteiros
Tamén tivemos no Recuncho de Lóxica Matemática novos puzzles. Todavía nos custan un pouquiño... e reclamaban constantemente a miña axuda.
Xogamos cos pinchos de maneira libre
E a nosa creatividade con material "non pedagóxico": tubos e pinzas
Ningún comentario:
Publicar un comentario