fondo

mércores, 10 de xaneiro de 2018

BUSCA O TEU SITIO...

Xa comezamos o segundo trimestre e aínda que o sentarse libre nas sillas serviume para ver como se relacionan, que lugares prefiren ou cómo actúan segundo no lugar no que se senten xa toca ter un sitio fixo, polo menos durante un tempiño. Hoxe, en canto chegaron, informeilles que agora terían un sitio e uns compañeir@s fixos... así que ¡A BUSCAR! Algún non se atopaba, outro pasou do nome e sentouse "no seu sitio" e outro dedicouse a axudar ós despistados a atopar o seu novo lugar.


Despois tocou ASAMBLEA e o momento de presentar algún dos xogos novos cos que contamos.

  • XOGOS DE CONTEO: puntos e paus.



  • PUZZLES DE 3 PEZAS. Este xogo xa estaba a súa disposición pero engadimos novas persoaxes.




Despois do recreo atopamos nas mesas unha caixiña chea de letras. Rápidamente algún comezou a coller as que correspondían o seu nome e outros soamente as miraban ou trataban de coller as máximas posibles.  A consigna era coller a inicial do nome na flor de cor amarelo (que xa todos coñecemos) e logo tratar de compoñer o resto do nome





 
 E por último, tocaba recordar o concepto de MOITOS-POUCOS e ir falando de TANTOS COMO
Eu puxen...MOITOS . Pois agora ti tes que poñer moitos


Eu puxen...POUCOS. Agora tócache a ti poñer poucos

Pon TANTOS coches como puxen eu




CLASIFICAMOS.  Algún andaba despistado...

SERIAMOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario