fondo

mércores, 8 de novembro de 2017

XOGAMOS COS NOMES...


Como todo grupo que se aprecie, é importante traballar o sentimento de pertenza e o compañerismo e axuda mutua entre os distintos nenos e nenas da aula. Para isto facemos moitas actividades e compartimos moitos momentos ó día. Hoxe fixemos outra actividade relacinada cos nomes e o recoñecemento dos nosos compañeir@s. Colocamos en filiña, estilo paso de cebra, as etiquetas co nome e foto de cada ún dos nen@s da aula e fomos collendo por turnos unha, dándolla o compañeiro correspondente. 














 Despois fixemos dous grupos: nenos e nenas. Cada ún foise situando no grupo que pensaba que correspondía (algún equivocouse pero por despiste e outros máis atentos enseguida enmendaron o erro)


Xa para rematar actividade recordamos MOITOS-POUCAS facendo fincapé en que o noso grupo está formado por moitos nenos e poucas nenas.

Aproveitando a concentración que tiñamos ensineilles as fotos que saquei o día anterior de tres nenas para ir compoñendo a nosa propia recta numérica e fixemos unha primeira correspondencia entre nenas, pinzas, dedos das mans e pedriñas...



Esta é a primeira actividade de acercamento os números 1.2 e 3 e a súa cantidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario