fondo

luns, 27 de novembro de 2017

ENREDADOS EN LETRAS E OURIZOS CACHOS

Hoxe seguimos traballando un pouquiño máis nas nosas iniciais e fixemos un xogo de recoñecemento de nomes que lles gustou moito e  tivémolo que repetir. Algún xa coñece moitos nomes... e para iso, empregan diversas estratexas: a inicial ou outras letras que recoñecen, empeza igual co meu pero non é o meu, é moi cortiño ou moi largo...

Colocamos debaixo de cada letra os nomes segundo a nosa inicial. Esta parte era sinxela xa que a tarxeta co nome ten a primeira letra en vermello
 Escribimos a nosa inicial con tiza no chan
 Clasificamos na pantalla as nosas fotos no lugar no que se atopaba a nosa inicial. Ahora xa non tiñamos ningún referente máis que a nosa memoria.


Tamén aproveitamos para facer unha nova actividade artística de outono. ¡Pintamos con garfos! Partimos dun debuxo sinxelo dun ourizo cacho e enchémolo de pintura marrón, que previamente obtivemos mezclando as cores básicas, e a rascar co garfo.







A verdade é que lles sorprendeu moito a técnica empregada pero todo o que sexa pintar con témpera e embadurnarse un ratiño ¡encántalles!


Ningún comentario:

Publicar un comentario