fondo

xoves, 9 de novembro de 2017

PRIMEIROS CONTACTOS COS NÚMEROS...

Hoxe continuamos co traballo que comezamos onte sobre as primeiras cantidades. Para que a actividade sexa moi significativa e cercana ós nenos nada mellor que fotos con eles mesmos, neste caso xa engadimos novas fotos con nenos novos. Así que tocaba recordar as de onte e colocar as novas na columna axeitada ¡aínda que non sempre é tan doado! pero ahí están o resto para correxir erros. Despois pintamos con tiza no chan tantos puntos como nenos da foto e puxemos tantas pedras como nenos na foto (ún despistouse e fíxolle un marco de pedriñas á foto que quedou moi chulo)






 Despois presenteilles un novo material que constituirá unha nova gabeta coa que xogar: os números carretera, para recorrer o trazo cun coche.

A seguinte actividade que fixemos en gran grupo foi A CESTA DOS TESOUROS no que temos unha ampla variedade de obxetos pequenos que nos axuda a traballar o vocabulario, pronunciación, galego-castelán e tamén xogos de memoria e atención. Cada nen@ escolleu un tesouro, nomeouno e o resto repetímolo en galego e castelán. 

Posteriormente, colocámolos no medio, mirámolos un ratiño e cunha manta tapeinos para xogar ¿quén desapareceu?


 E non podía faltar un pouquiño de maxia: FACER VOAR UNHA PELOTA. Traballamos o sopro, que como xa mencionei noutras entradas, axúdanos a traballar a respiración, un aspecto importante para ter unha correcta pronunciación.Seguiremos practicando...

Outro dos xogos que fixemos despois do Recreo foi de Tacto. Tíñamos que buscar as parellas dos obxetos que previamente nombramos e tiñamos a vista, pero cunha peculiaridade, non podíamos mirar dentro da bolsa senón que era a través da man como tiñamos que recoñecelo e nomealo antes de sacala. 




¿Qué vos parece? Pero non só isto, tamén sacamos as mochilas e chaquetas, as colgamos no noso percheiro, xogamos cas gabetas, fomos encargados de limpar as mesas, de ir a clase de 5 anos, de repartir material para traballar, axudamos ós compañeiros a volver a poñer as chaquetas e cremalleiras para ir ó patio, pintamos con tizas no patio, limpamos as chaquetas manchadas de tiza, fixemos a fila, psicomotricidade, bailamos a canción de ¡y lloverá, y lloverá...! e tamén descansamos un pouquiño. :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario